Boas, como proxecto final deste curso 2018/2019 e cas técnicas aprendidas quixen facer un homenaxe o pobo pescador rianxeiro.
Decidín deseñar un proxecto no cal se dera a coñecer o mundo mariñeiro. Cando llo comentei as persoas dedicadas a esa labor, todas me decían que era un gran traballo e que tal vez debería centrarme nunha única cousa e non en todo en xeral.
En aproximadamente 2 mes, contactei ca veciñanza, con mariñeiros e cos patróns. Despois de escoitar e redactar o que me dixeron e aconsellaban, fixen unha investigación e documenteime mais. Necesitei a colaboración e dedicar parte das miñas horas a este traballo, pero valeu a pena porque o 18 de Xuño montarei unha galería cas imaxes; non quería uns simples planos e ideas, desexaba montalo e poder ver realmente como serían todas as miñas fotografías e a opinión do público.
Foi unha experiencia única e gratificante poder coñecer a cultura do meu pobo, sen dúbida non me arrepinto de intentar empezar este proxecto, sen dudalo volvería a facelo.
O tema elixido foi de estilo "Vida no Mar" e en todo momento intentei que todas as fotografías a concretar para a galería se correspondesen con dito tema.
Estoulle agradecido a todos os colaboradores que foron quenes desempeñaron un papel increíble guiandome polo seu territorio e axudandome co seu material.
Moitas grazas a todos, espero que se sexa do voso agrado!
Amosarei parte das fotografías listas para ser expostas:
